Quén somos
Fundada en 1999, Novo Milenio Sistemas foi unha das primeira empresas ourensanas que comezou a prestar servizos de deseño web, rexistro de dominios de internet e hosting, pionera sempre na implantación de novas tecnoloxías e á vanguardia na rápida e constante evolución que vai habendo no mundo de Internet.
Contamos con dous lineas principais de negocio: a provisión de servizos de Internet(Deseño WEB/Tendas on-line, Rexistro de dominios e aloxamento, poscionamiento e SEO) e a Asistencia, Asesoría, Consultoría e venda Informática.
A empresa, formada por un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector, e expertos no campo de tecnoloxía da información E da comunicación, ofrece un servizo de atención permanente e personalizado, adaptado a cada necesidade, cuxo obxectivo é solucionar os problemas e cubrir as necesidades dos nosos clientes.
A filosofía de traballo defínese no interese dos nosos clientes para obter os mellores resultados e solucionar as súas necesidades; de tal xeito que facemos nosos os seus retos e obxectivos, buscando a fórmula ideal para satisfacer as súas esixencias.
Os nosos campos de traballo van desde o rexistro de nomes de dominio, aloxamento, deseño de páxinas web, tendas virtuales, presentacións nultimedia, xestión de redes sociais, posicionamiento SEO e campañas de marketing, así como asesoramiento, venda, mantemento/instalación de ordenadores e redes.
Buscamos cubrir sempre as súas necesidades corporativas e ofrecerlle solucións para calquera necesidade no mundo digital e multimedia.
Poñemos á súa disposición un book de presentación en formato .pdf, por si desexa descargalo e revisalo con detenimiento.